sábado, 16 de junio de 2012

A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA



Resumo
A relixión grega e romana.
O panteón grecorromano
Os gregos tiña unha relixión politeísta. Os deuses habitaban no Olimpo. Vivían como so seres humanos representábanos con símbolos do seu especial poder.
Culto privado e público.
. Grecia
O culto privado estaba dirixido polo pai de cada familia e era frecuente acudir aos templos para facer ofrendas e sacrificios. Rendáselle u culto cívico a divindade da cidade. Había un culto panhelénico que estaban recoñecidos por todas as cidades gregas e tiñan lugar nos santuarios.
.Roma
Rendíaselle culto aos deuses da casa e do fogar nun altar doméstico. Tamén se honraba aos antepasados.
Oráculos e auspicios.
.Grecia.
Consultaban os oráculos onde unha pitonisa lles respondía as preguntas sobre o seu futuro.
.Roma
Interpretaban o voo das aves polos agoreiros. Os deuses daban a coñerer a súa vontade por medio dunha sinal: eran os chamados presaxios.

A cultura clásica.
O pensamento racional.
Grecia foi o primeiro lugar onde se intentaron explicar os fenómenos máis complicados mediante a razón humana.
Filosofía, ciencia e dereito.
Os filósofos gregos buscáronlles explicacións as interrogantes da vida mediante o diálogo e a reflexión. Destacan Sócrates, Platón e Arsitóteles. Algúns pensadores quixeron coñecer a orixe e o funcionamento da natureza. Salientan Tales de Mileto, Pitágoras e Euclides que fixaron as bases da álxebra e da xeometría, e Arquímedes consierado o pai da física. Hipócrates realizou os primeiros estudos de medicina. Eratóstenes realizou un mapa do mundo daquela coñecido.
A contribución romana foi o dereito. Distinguiuse entre o dereito público e o privado.
O teatro.
A traxedia amosaba os sentimentos, os conflíctos humanos e a forza das paixóns por enriba do poder dos deuses. Os grandes autores foron gregos, como Esquilo, Sófocles... A comedia recreaba de xeito divertido distintos aspectos da vida cotiá. Destaca o auto romano Plauto.
O teatro era un espectáculo que se prolongaab durante todo o día. As mulleres non podían actuar.
A arquitectura grega.
Unha arquitectura arquitrabada.
Os gregos non usaban nin o arconin a bóveda. Só empregaban columnas verticais e trabes horizontais. Por ios dicimos que é arquitrabada.
As ordes arquitectónicas.
Os gregos identificaban a beleza coa harmonía e a proporcionalidade. Por iso crearon ordes ou estilos arquitectónicos. A orde dórica non tiña adornos nas súas corpulentas columnas. A orde xónica destaca pola súa esvelteza riqueza de decoración. A orde corintia era unha variante da xónica pero distinguíase polo seu chapitel de follas de acanto.
Templos e teatros.
Os templos eran a morada dos deuses no seu interior non entraban os fieis. As cerimonias e os sacrficios realizábanse ao aire libre nun altar. A planta era retangular e no centro situábase a cella onde se gardaba a estatua da o deus ou da deusa. Os templos estaban rodeados por unha columnata chamada peristílo. Decorábase con esculturas que estaban no friso e no frontón.
Os teatros contruíanse na aba dunha montaña. As bancadas tiñan forma semicircular e una inclinación que permitía unha acústica e unha visibilidade perfectas.
A arquitectura romana.
O uso do arco e da bóveda.
Os romanos usaron o arco, a bíveda e a cúpula. Usaron o ladrillo cocido e unha masa parecida ao cemento. Nos edificios públicos máis luxosos decorábanse con adobe pintado ou mármore.
O urbanismo romano.
As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas estructurábanse formando unha cuadrícula. O eixe da cidade estaba definido por dúas rúas principais: o cardo e o decumano.Estas rúas atravesában o foro.
As obras públicas.
Os edificios relixiosos, como o templo.
Os edificios destinados a administración e ao goberno, como o foro e a basílica.
Os espazos destinados ao lecer, como o teatro, as termas, o circo e o anfiteatro.
As vías de comunicación, principalmente as calzadase as pontes.
Os acuedutos paar levar auga as cidades.
Os monumentos conmemorativos , como as columnas, os mausoleos e os arcos de triunfo.
Escultura, cerámica e pintura en Grecia.
A procura da beleza ideal.
A escultura e a pintura aspiraban representar a beleza ideal e o movemento. Para iso, buscaronas proporcións ideais do corpo e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo, o canon.
A escultura.
Houbo tres grandes etapas:
Época arcaica: mozos espidos e doncelas ataviadas con vestidos. O corpo tratábase en posición frontal e a expresión do rostro estaba amosando un mediosorriso.
Época clásica: dotáronno de axilidades e movemento e déronlles aos rostros unha expresión serena.
Época helenística: os corpos retorcíanse, o movemento esaxerábase e os rostros amosaban sentimentos.
A cerámica.
Crearon variedade de obxectos e algunhas tiñan fermosas pinturas.
A pintura.
Os edificios públicos estaban decorados con pinturas pero a maioría non se conservaron.
Escultura, pintura e mosaico en Roma.
A escultura: realismo romano.
A escultura romana estaba moi influída pola grega. Os espazos públicos estaban adornados con modelos de esculturas gregos. A innovación romana recae sobre o retrato,o busto (é a representación da cabeza e unha parte do corpo), as estatuas ecuestres e os relevos conmemorativos.
A pintura.
Decoraban as vivendas con pinturas murais. Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas de vida cotiá... Realizábanse coa técnica do fresco e protexíanse cunha capa de cera.
O mosaico.
Empregábanse para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das casas. Podían ter unha decoración xeométrica ou figurativa. Na figurativa representábanse os mesmos temas que na pintura.
Este é o resumo do tema que temos o exame o luns por si alguén o necesita Antía villar 1º ESO

No hay comentarios: