martes, 12 de junio de 2012

Mapa Mental Hispania Romana




Antia Villar e Yeray 1º ESO
RESUMO
HISPANIA ROMANA
INVASIÓNS E COLONIZACIÓNS
Entre os séculos XI e VI a.C., pobos indoeuropeos penetraron na Península polos Perineos.
Varios pobos mediterráneos viñeron interesados pola riqueza mineira da Península:
FENICIOS: Provenientes do actual Líbano. Activos comerciantes e navegantes. Estableceron numerosas colonias no sur.
GREGOS: Entre os séculos VIII e VII a.C., fundaron diversas colonias na costa mediterránea.
CARTAXINESES: A partir do século VI a.C. Rivalizaron cos gregos polo control da costa peninsular. No século III a.C. tiveron as Guerras Púnicas.
OS POBOS PRERROMANOS
IBEROS: Os iberos eran os pobos que ocupaban o Leste e máis o Sur peninsular. Eran agricultores e gandeiros. Coñecían a metalurxia, elaboraban tecidos, acuñaban moeda e tiñan escrita propia. Estaban gobernados por unha especie de reis.
A xuntanza de celtas e iberos recibe o nome de celtiberos.

CELTAS: Centro, oeste e norte peninsular. Eran gandeiros nómades e agricultores. Coñecían a metalurxia, traballaban a cerámica eelaboraban tecidos de la. Vivían en castros. Agrupábanse en clans;varios clans formaban unha tribo.
A CONQUISTA ROMANA DE HISPANIA
A conquista da Península foi realizada para vingar o ataque dos cartaxineses ao pobo aliado de Roma, Sagunto. E tamén por que os cartaxineses planeaban atacar dende alí Roma.
A CONQUISTA FOI REALIZADA EN CATRO FASES
1ª fase: 218-202 a.C. Contra os cartaxineses e os seus aliados. Conquistaron a costa mediterránea.
2ª fase:202-154 a.C. zona oriental
3ªfase: 154-133 a.C. guerras contra os pobos da Meseta que ofreceron maior resistencia, especialmente Numancia.
4ª fase: 29-19 a.C. controlaron o norte. Remata a conquista da Península.
HISPANIA PROVINCIA ROMANA
Estaba dividida en provincias . Ao fronte de cada provincia había un gobernador. Ao principio había 3 provincias; logo 6.
Ca chegada dos romanos a produción agrícola medrou considerablemente polas melloras que estes introduciron.
A principal riqueza de Hispania era a minería.
As calzadas máis importantes eran a Vía da Prata e a Vía Augusta.
O LEGADO DE ROMA
Deixaron acuedutos, teatros, anfiteatros, murallas, pontes, termas, arcos, templos,monumentos funerarios, mosaicos e esculturas.
Os hispanos romanizáronse. Isto é, adquiriron a relixión, a lingua, e a cidadanía romana ( ano 212 d.C.)
Os emperadores Traxano, Adriano e Teodosio eran hispanos.
Anxo e Yeray

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ben quedou, en esto si que me tendes que dar clases vos a min. ¿quen o fixo?. Un saúdo (Marisol)

MAR dijo...

FELICIDADES, QUE TRABALLO MÁIS BEN FEITO. COMO CONTROLADES!!!!!É MOI DIFÍCIL FACER ESTES ESQUEMAS?