lunes, 8 de octubre de 2012

Resumo O inicio da Idade Media


   Aquí está o resumo do tema de da Idade Media  espero que vos axude para estudar  Antia.
1-O imperio bizantino.
No ano 476 desapareceu o imperio romano de Occidente e durante 10 séculos viviu co nome de imperio bizantino.A súa capital foi Constantinopla.
-O esplendor de Xustiniano.
O emperador máis importante foi Xustiniano que gobernou xunto a súa muller Teodora entre os anos 527 e 565. Xustiniano intentou reconstruír o imperio romano. O emperador dirixía ao exército e a administración e era o xefe relixioso. As súas ordes eran executadas por unha rede de funcionarios. Tamén existía un corpo de diplomáticos que mantiñan relacións sociais con outros territorios.
-A lenta decadencia.
Os lombardos ocuparon a península Itálica; os visigodos expulsaron aos bizantinos da península Ibérica; e os musulmáns conquistaron o norte de África, Siria e Palestina. A principios do século XV só quedaba Constantinopla en mans bizantinas. No ano 1453 a cidade foi tomada polos turcos e o imperio bizantino desapareceu.

Constantinopla
Foi construída a a imaxe de Roma polo emperador Constantino no ano 330. Está situada no estreito do Bósforo que comunicaba o mar Negro co mar Mediterráneo. Estaba sobre un porto natural, o Corno de Ouro e protexida por murallas. No centro estaba o palacio imperial, o hipódromo, o senado e a basílica de Santa Sofía e o barrio de Pera, onde vivían os comerciantes.En tempos deXustiniano chegou a ter máis de medio millón de habitantes e no século XI chegou ao millón.

2- A sociedade e a cultura bizantinas.
-Un imperio urbano e comercial.
Constantinopla, Éfeso e Tesalónica eran as máis importantes da época. As cidades eran a sede dos bispados, do goberno e do exército. O imperio bizantino tiña unha gran prosperidade económica. Dominaron o comercio mediterráneo e as rutas entre Europa con Asia e África.
-Un imperio grego e ortodoxo.
Despois do reinado de Xustiniano o latín foi substituído polo grego como lingua oficial. As diferenzas levaron á separación, en 1054, entre a Igrexa católica e  a Igrexa bizantina. Isto chamouse a Cisma de Oriente. A relixión impregnaba a vida e a cultura e era un motivo de disputas. No século VIII os emperadores prohibiron o culto ás iconas. A decisión provocou disputas e derrogouse a prohibición.
-Unha arte suntuosa.
En arquitectura destacan as igrexas que tiñan a plante de cruz grega e estaban cubertas por cúpulas. Outro exemplo da arte bizantina foron os mosaicos.


3- O islam na Idade Media.
-Mahoma, o fundador do islam.
O islam naceu en Arabia. Eran politeístas e consideraban A Meca como a súa cidade sagrada. Só había dúas cidades importantes: A Meca e Medina. Mahoma era un comerciante da Meca. Mahoma sentiuse chamado por Deus, abandonou o seu traballo e dedicouse a predicar o islam. Trasladouse a Medina no ano 622. Esta data recibe o nome de héxira e marca o comezo do calendario musulmán.
-A relixión islámica.
As predicacións de Mahoma recolléronse no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. Todos os musulmáns deben cumprir:
                    A profesión de fe, pola que todo musulmán testemuña “non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta”.
                    A oración cinco veces ao día.
                    A peregrinación a Meca, polo menos unha vez na vida.
                    O xaxún durante o mes do Ramadán.
                    A esmola, para axudar aos pobres.
Antes, tiñan a obriga de defender o islam e estendela polo yihad ou guerra santa.
-A expansión do islam.
Tras a morte de Mahoma lanzáronse a expansión da nova relixión. Durante os primeiros anos o imperio estaba gobernado por parentes de Mahoma e coñecese como o califato ortodoxo. Na etapa Omeia o título de califa fíxose hereditario entre os membros desa familia. Os Omeias trasladaron a capital a Damasco. No ano 750 produciuse unha rebelión que acabou co período Omeia. Dende ese momneto o poder recaiu sobre a familia dos Abasidas e a capital trasladouse a Bagdad. Mentres tanto crecía a forza dos turcos, un pobo de Asia.
-O goberno do territorio.
A máxima autoridade era o califa que tiña o poder político e relixiosos. O califa era atendido polos conselleiros chamados visires.
4- A sociedade e a cultura islámica.
-A sociedade islámica.
Existía unha división social baseada na economía:
                    A aristocracia: formada polas familias relacionadas cos gobernantes e polos grandes propietarios.
                    O grupo dos notables: integrado polos comerciantes, artesáns con obradoiros e pequenos propietarios rurais.
                    A maioría da poboación: constituída por pequenos vendedores ambulantes, artesáns sen obradoiros e campesiños que non tiñan propiedades.
- Unha civilización brillante.
Era unha das máis desenvolvidas. A agricultura era moi produtiva e en artesanía realizaron obras de gran calidade. Os musulmáns adoptaron as innovacións doutros pobos e trouxeron de Asia novas técnicas. Foron excelentes astrónomos e grandes matemáticos. Tamén destacaron en medicina. Crearon grandes bibliotecas, cultivaron a poesía e a musica e escribiron libros de viaxes, xeografía e de historia

Antia Villar 2º ESO

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un resumo moi bo, pero si o fixeras no prezi seguro que era moito máis divertido de estudiar (Marisol).

Ana dijo...

Moi bo resumo. Así seguriño que aproban fixo. Unha aperta.