viernes, 24 de mayo de 2013

A FROITA


Como algúns dos alumnos dos talleres nos resistiamos a tomar froita antes de comezar a traballar, buscamos información e falamos sobre a necesidade de tomar a froita e polo que é necesaria para o noso organismo. Esperamos que todos o teñamos en conta
A case todos nos gusta a froita e sabemos que é un alimento beneficioso para o organismo pola cantidade de nutrientes que nos brinda para o correcto desenvolvemento das diferentes funcións que levamos a cabo a diario. A pesar de saber todo isto en moitas ocasións seguimos dubidando do momento idóneo para tomar a froita.
Por norma xeral a froita comémola despois das comidas, xa que consideramos que se trata dunha sobremesa, aínda que é o peor momento do día para comelas, pois a maioría dos nutrientes que nos brinda se perden durante o proceso dixestivo, ao ser máis longo do normal e fermentar no estomago. Polo que o mellor momento para comela é entre horas, que é cando temos o estomago baleiro e polo tanto non pode facer que se retarde a dixestión nin se fermente.
O bo sería comezar a xornada con froita. É un bo xeito de cargarnos de enerxía antes de ir para o colexio para render en clase, ao igual que consumila a media mañá e a media tarde. Isto fai que a froita sexa o mellor refrixerio da tarde antes de estudar ou facer os deberes








3 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Eu non podería vivir sin a froita. Encántame toda sobretodo a que vén agora no verán. Unhas imaxes preciosas. Biquiños e boa finde.

Carmela dijo...

Estamos intentando que para os rapaces sexa unha necesidade pois hai nenos que non toman froita, e pola tarde haber si conseguimos cambiar a "bollería" por froita. Grazas Ana boa finde tamén para ti

Mireia Torrent dijo...

Como les cuesta tomar fruta a muchos niños. Debería ser desayuno obligado. ...en vez de tanta pasta y bollería.
Un besito