jueves, 16 de mayo de 2013

TOCA TEXTO!


Ola rapaces e rapazas!
Aquí estou. Son Bárbara e creo que necesitades un pouco de caña,ja,ja..
Despois de termos unha charla Carmela e máis eu, decidimos facer algo novo para vós, pois cremos que, en xeral, coxeades un pouco no tema de expresión, exposición, coherencia, cohesión, á hora de traballar un texto.
Pensamos introducir neste blog un novo apartado ao que chamaremos
 TOCA TEXTO!
O que pretendemos é que logredes acadar, de maneira sinxela, uns obxectivos básicos á hora de tratar todo tipo de textos: un conto, un poema, unha noticia, unha carta, unha solicitude, unha crónica, un correo electrónico,…
Algo, sen dúbida, necesario para a vosa vida diaria de estudantes hoxe, e de futuros traballadores nun futuro próximo, porque a boa expresión é  necesaria en todas as materias e en todos os ámbitos.
Para non agobiarvos , imos poñer un texto á semana. Debedes analizalo e logo entregárnolo para corrixir. Eu direivos unhas pautas que debedes seguir para a creación e a análise.
Non vos asustedes!   Imos ir pouco a pouco, comezando con textos sinxelos para ir aumentando a dificultade progresivamente e de maneira individual.
Saúdos!!

4 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Moi boa idea. Ao mellor nos sae algún escritor e todo. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Moi boa idea, espero que os rapaces/as se animen e sepan aproveitar esta ferramenta.

Anónimo dijo...

Pareceme moi ben

Anónimo dijo...

Pareceme moi ben é unha boa idea.