miércoles, 17 de agosto de 2016

A NOSA VIAXE NO TEMPO

Benvidos benqueridos lectores/as, hoxe imos facer unha viaxe no tempo dentro do proxecto "Aprender a Aprender", proposto por Carmela, cuxa finalidade é investigar o noso pasado.


INTRODUCIÓN



Calquera de nós vivimos no Concello de Outes, nunha familia, nunha aldea que pertence a unha parroquia, que pertence ó Concello de Outes, á comarca do Barbanza, provincia de A Coruña, Comunidade Autónoma de Galicia, España, Europa, planeta Terra, ubicado na Vía Láctea e dentro do Universo, o cal abarca todo.

Agora, imos ir cara atrás, cara o comezo dos tempos, e ver grazas a quen estamos aquí e qué nos deixaron, para que agora nosoutros/as, poidamos coñecer a nosa evolución mellor. E para iso, imos comprobar que non hai que ir moi lonxe de onde vivimos para ver os restos do seu paso, senón que as podemos observar ó noso arredor.

Dividímonos para poder realizar dito proxecto en tres grupos, cunha finalidade igual: facer unha viaxe no tempo.

  • 1º Grupo: Atoparáse nunha cova do Paleolítico
  • 2º Grupo: Terá que sobrevivir comezando nunha aldea do Neolítico
  • 3º Grupo: Aprenderá a habitar no pasado vivindo nun castro.

OS NOSOS COÑECEMENTOS


Todos sabemos que para comenzar o proxecto e dar a coñecer o pasado ás familias, temos documentos escritos que contan como era a vida naqueles momentos, os descubrimentos, avances...
Pero tamén podemos obter información de que antes da escritura, o home xa estaba aquí e a maneira que temos de coñecer á súa existencia é polos restos que podemos atopar.
Ó noso redor, hai moitos restos arqueolóxicos, que nos poden levar a cómo vivían naquelas épocas.

O NOSO TRABALLO


Deberemos investigar sobre a Prehistoria, que como ben o seu nome indica (Pre-historia), é unha etapa que se atopa antes da Historia. Facémolo posto que este periodo é o menos coñecido, queremos obter información sobre os esforzos que fixeron para adaptarse ó medio e sobrevivir.

COMEZA A INVESTIGACIÓN


O noso traballo é averiguar todo o que poidamos topar á nosa redonda que nos conte como eran e como vivían naquela era.

INICIOS DO PROXECTO 

(Información básica)


A historia da humanidade divídese en dúas partes diferenciadas: a Prehistoria e a Historia. 

  • A Prehistoria: Abarca dende a aparición do home ata a invención da escritura.
  • A Historia: Comprende dende a invención da escritura, ata a actualidade.
Das etapas da historia, á posterior é máis fácil saber por todo tipo de documentación, pero da prehistoria temos o tema un pouco máis complicado, así que veremos como investigamos e principalmente que pegadas temos preto de nós da época, para notar e valorar aqueles que fixeron que nós sexamos o que somos a día de hoxe.

APARTADOS DO PROXECTO

  1. Que é a Prehistoria?
  2. Que se estuda na Prehistoria?
  3. Como se estuda a Prehistoria?
  4. Quen se encarga de estudar a Prehistoria?
  5. Etapas da Prehistoria para poder estudar mellor e identificar mellor os restos arqueolóxicos.

RASTREXO POLOS XORNAIS, ETC...


  • La Voz de Galicia:

Tras o rastro do Paleolíticos no sur lucense

Un breve panorama do proxecto arqueolóxico desenvolvido dende 2006, polas Universidades de Santiago de Compostela e Tarragona (Cataluña), culminou co achado das primeiras pinturas rupestres paleolíticas de Galicia no xacemento da Cova de Eirós (Triacastela).


  • El País
Unha cova de Lugo ocultaba as únicas pinturas rupestres de Galicia

A cova de Eirós, na aldea de Cancelo, no municipio lucense de Triacastela, vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altarmira do noroeste peninsular, tras o descubrimentos de pinturas rupestres con motivos de animais. Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, baseándose no estilo e a técnica empregada. Son as primeiras pinturas rupestres achadas en Galicia.

ARTIGOS







ÚLTIMAS NOTICIAS DE HOMÍNIDOS

A árbore xenealóxica da nosa especie segue aumentando con novos descubrimentos, que obrigan a reformularse constantemente as teorías explicativas sobre a evolución dos homínidos. Nas ligazóns seguintes poderás coñecer datos sobre os descubrimentos máis recentes no mundo dos homínidos:

HOMO FLORESIENSIS


MULLER X


AUSTRALOPITHECUS SEDIBA

BLOGUES



Alumnos dos talleres
Proxecto: A Prehistoria

No hay comentarios: