lunes, 31 de octubre de 2016

A IDADE MEDIA (RESUMO 2º ESO)

A FRAGMENTACIÓN DO IMPERIO ROMANO

A ameaza dos pobos bárbaros

  • Bárbaros: Persoas que vivían máis alá do Imperio Romano. Tamén salvaxe, rudo...
  • Hunos: Pobo bárbaro que procedía das estepas de Asia, que se adicaban principalmente á gandaría e ó saqueo.
  • Xermanos: Pobo bárbaro que residía no norte e no leste de Europa, que se adicaba á agricultura e á gandaría intensiva. Organizábanse en tribos, que estaban dirixidas por unha asamblea de guerreiros que elixía a un xefe.
Estes mantiñan relacións cos romanos, ás veces de forma pacífica (para a compra-venda, etc..), pero outras veces eran enfrontamentos violentos. Por iso, os romanos construíron fortificacións ó longo dos ríos Rin e Danubio.

  • A partir do século III, o Imperio Romano sufriu unha profunda crise, o comercio diminuí e a economía estancouse.
A división do Imperio

  • No 395, Teodosio dividiu o Imperio en dous: o Imperio Romano de Occidente (capital en Roma) e o Imperio Romano de Oriente (capital en Constantinopla).
  • En Oriente, o Imperio durou 1.000 anos máis, co nome de Imperio Bizantino
As invasións xermanas

  • No século V, os hunos dirixidos por Atila, atacaron ós pobos xermanos, o que provocou que estes se tivesen que refuxiar no Imperio Romano de Occidente.
  • Os hunos avanzaron ata a Galia, coa intención de conquistala, pero foron expulsados na Batalla dos Campos Cataláunicos no ano 451

  • A convivencia xermano-romana volveuse cada vez máis difídil. Por iso, no 476, Odoacro destronou ó último emperador romano de occidente, a Rómulo Augusto, un neno de tan só 10 anos. Desta maneira, púxose fin ó Imperio Romano de Occidente.

OS REINOS XERMANOS

A organización territorial e política

Entre os séculos V e VII, o Imperio Romano de Occidente dividiuse en 4 Reinos Independentes:

  • Galia: Francos
  • Hispania: Visigodos e Suevos
  • Britania: Anglos e Saxóns
  • Italia: Ostrogodos e posteriormente os Lombardos

  • Cada reino estaba gobernado por un rei, que estaba contaba con un consello que o axudaba nos temas de goberno.
  • Nalgúns territorios, o poder militar estaba gobernado polos duques, mentres que nas cidades destacaban os condes e os bispos.
  • As leis non estaban escritas, polo que eran de transmisión oral de xeración en xeración
A relación coa poboación romana

  • Xurdiron novas linguas: Estas linguas baseáronse no latín. Ex: Galego, catalán..
  • Creáronse novas leis para unificar a poboación
  • Os xermanos abrazaron o catolicismo: Antes da unión, os xermanos crían no arianismo, que era unha herexía que cría que Cristo non era Deus.

O REINO VISIGODO

A formación e a evolución do reino

  • Os visigodos, debido á presión dos hunos, entraron no Imperio Romano de Occidente no século IV.
  • No 409, os suevos, alanos e vándalos invadiron a península ibérica.
  • No 416, o emperador romano de Occidente, firmou un pacto cos visigodos para que os expulsasen de Hispania. A cambio, recibiron terras en Galia, onde crearon o Reino Visigodo, coa capital en Tolosa.
  • No 507, os francos expulsaron ós visigodos da Galia, e estes tiveron que voltar á Península Ibérica, e remover á súa capital a Toledo.
  • O reino, alcanzou a súa plenitude entre os séculos VI e VII.  Reis máis destacados:
  1. Leovixildo: Conquistou o reino suevo e gañoulles terreo ós pobos do norte, ós vascóns e ós cántabros.
  2. Recaredo (fillo de Leovixildo): Impuxo o cristianismo en todo o reinoñ.
  3. Recesvinto: Unificou todas as leis do reino no Fuero Juzgo.
  • No 711, os musulmáns conquistaron o reino visigodo.
A monarquía visigoda

  • Tiñan unha monarquía electiva. Frecuentemente, estas disputas finalizaban co asasinato dun rei para poñer outro no seu lugar.
  • O rei contaba coa axuda da Aula Rexia, que era un consello que administraba o palacio real, e coa dos duques e condes.
  • O concilio era as reunións relioxiosas e políticas nas que estaban presentes o rei, a Aula Rexia e o Clero.
A organización social e económica

  • Os nobres e clérigos eran os propietarios de gran parte das terras.
  • Os campesiños libres: contaban con pequenas parcelas que explotaba.
  • Os escravos traballaban as terras para a igrexa ou para os nobres.
A cultura e a arte

(Estaban ligadas á Igrexa)

  • San Leandro: Arcebispo de Sevilla
  • San Isidoro: Recolleu todo o saber da época en Etimoloxías.
Arte: Consérvanse poucos resto

  • Construíronse igrexas de pedra e con pouca altura, con bóvedas grandes e un arco de ferradura.
  • Destacaron na ourivaría: Elaboración de obxectos a partir de pedras preciosas. Ex: Fíbula Visigoda.
A EVOLUCIÓN DO IMPERIO BIZANTINO

A época de Xustiniano

  • O Imperio Romano de Occidente sobreviviu 1.000 anos máis co nome de Imperio Bizantino. A súa capital era Constantinopla
  • No 527/565 gobernou Xustiniano e Teodora
  • Durante esta etapa houbo unha gran properiedade económica e un gran desenvolvemento cultural.
Unha sólida organización

  • O Imperio estaba gobernado polo basileus, que a parte de gobernar nas cuestións administrativas e dirixir o exército, tamén era o xefe relixioso.
  • Contaba con:
  1. Funcionarios: Medio mediante o cal o basileus executaba as ordes
  2. Diplomáticos: Encargábanse de manter relacións co resto dos territorios
  3. Exército: Defendía as fronteiras
  • As leis estaban recollidas no Código de Xustiniano.
A longa decadencia

(Todos os territorios conquistados por Xustiniano non se conservaron)

  • Século VI: Lombardos expulsan ós bizantinos da Península Itálica
  • Século VII: Visigodos expulsan ós bizantinos da Península Ibérica
  • Século VII e VIII: Musultáns conquistan a costa mediterránea de África, Siria e Palestina
  • Ano 1043: Turcos conquistan Constantinopla e o Imperio Bizantino desaparece.
A SOCIEDADE E CULTURA BIZANTINAS

A sociedade bizantina

Resultado de imagen de estructura piramidal sociedad bizantina
ctsv' benitez

A importancia das cidades


  • As cidades eran as sedes dos bispados, do Goberno e do Exército. Tamén eran o centro das actividades económicas.

Un imperio ortodoxo

  • No século VIII, os emperadores prohibiron o culto ás iconas, que eran as imaxes relixiosas
  • No 1054, as diferenzas entre a Igrexa católica romana e a Igrexa Bizantina ou ortodoxa levaron a cabo a Cisma de Oriente. Cisma= separación (das dúas igrexas).
A cultura e a arte

  • O grego substituíu ó latín
  • O Imperio bizantino foi o centro cultural do Mediterráneo
ARTE


  • Edificaron igrexas de planta de cruz grega cuberta cunha cúpula.
  • O interior estaba edificado con mosaicos e iconas
  • Ex: San Vital de Rávena e Santa Sofía de Constantinopla

TEMA 2

A EUROPA FEUDAL

DO REINO DOS FRANCOS Ó IMPERIO CAROLINXIO

  • Os reis francos eran débiles, polo que tiveron que exercer o seu posto os mordomos de palacio, que eran altos funcionarios. O máis destacado foi Carlos Martel, posto que derrotou ós musulmáns no 732 na Batalla de Poitiers. No 751, Pipino o Breve destronou ó monarca franco e corouse rei. A este sucedeuno no ano 768 Carlomagno (o seu fillo).
CARLOS MARTEL
-
PIPINO O BREVE
-
CARLOMAGNO

  • Carlomagno apoderouse de territorios na península ibérica. No 800, o papa coroouno como emperador de Occidente.
  • Estableceu a súa residencia en Aquisgrán, e organizou o Imperio en condados e marcas.
  1. Condados: Estaban gobernados polos condes. Adoitaban ser cidades
  2. Marcas: Gobernadas polos marqueses, normalmente eran territorios fronteirizos.
  • Missi dominicci: Especie de inspector que vixiaban ós condes, marqueses e bispos máis poderosos.
A partición do Imperio

  • A Carlomagno sucedeuno o seu fillo Luís o Piadoso, o cal se quedou con todo o Imperio. Pero cando este morreu, sucedérono os seus tres fillos:
  1. Carlos o Calvo: Quedouse coa Zona Occidental
  2. Luís o Xermánico: Quedouse coa Zona Oriental
  3. Lotario: Título de Emperador e o territorio existente entre ambas zonas.
  • No 843, os tres irmáns firmaron o Tratado de Verdún.
  • No 870, tras a morte de Lotario, o seu territorio dividiuse entre os outros dous reinos.
  • Naceron así o reino de Francio e o Sacro Imperio Romano Xermánico.

UNHA ÉPOCA DE INSEGURIDADE

A segunda vaga de invasións

  • Cara ó ano 1.000, Europa estaba dividida en diversos reinos. As guerras entre estes debilitaron ós reis e facilitou a chegada de novos invasores que arrarason con Europa:
  1. Viquingos/normandos: (Escandinavia) Expedicións de saqueo. Pero co tempo establecéronse nos territorios atacados.
  2. Maxiares/húngaros: (Estepas de Asia) Mentres que se estableceron en Europa, fundaron o reino de Hungría.
  3. Sarracenos: Piratas musulmáns do norte de África.
  • Estes pobos crearon un clima de inseguridade, e difundiuse a idea de que a fin do mundo chegaría no ano 1.000.

A DEBILIDADE DOS REIS

O reducido poder dos reis

  • Durante os séculos IX e X, os reis tiñan escaso poder. Ademais, o exército real era reducido, polo que os reis dependían dun exército privado.
  • Os reis case non tiñan poder dabondo para cobrar impostos.
  • Do mesmo xeito que fixera Carlomagno, os monarcas estableceron lazos persoais, para asegurar a súa fidelidade.
As tarefas do goberno

  • Os reis viaxaban acompañados dun cortexo de: familiares, guerriros e conselleiros, os cales formaban a corte.
  • Inicialmente, formaban a Curia ou Consello Real os familiares ou amigos do monarca, pero posteriormente integráronse xuristas, oficiais do palacio real...

APARTADO 2
TEMA 1

MOSAICO DE XUSTINIANO


  1. Aspectos:

  • ·         Os personaxes que aparecen
  • ·         A disposición dos personaxes
  • ·         Os vestivos e que obxectos portan
  • ·         Os símbolo
     2. Personaxes:

  • Xustiniano: leva unha ocora e auréola de santidade. Porta ofrenda de ouro
  • Belisario: xenerais máis importantes de Xustiniano. Viste toga
  • Xuliano: banqueiro que financiou a construcción de San Vital. Viste toga
  • Maximiano: arcebispo de Rávena. Ataviado cunha casula, leva na man dereita unha cruz
  • Dignitarios eclesiásticos: portan incensario e misal
  • Garda persoal do emperador: escudo decorado co crismón e lanza
  • Funcionario: leva toga
MOSAICO DE TEODORA

  1. Personaxes:
  • Teodora: A emperatriz. Ocupa o centro, situada baixo un arco con fornela. Leva un rico manto, unha coroa de perlas e unha auréola de santidade. Porta un cáliz.
  • Dignitarios do goberno: Ataviados con togas suxeitas ó ombro, preceden a emperatriz.
  • Antonia: Muller do xeneral Belisario. Viste luxosos vestidos.
  • Xoana: Filla de Belisario e Antonia. Leva exquisitas vestimentas e ricas xoias.
  • Doncelas da emperatriz: Cerran o cortexo


MÓNICA CAAMAÑO

4 comentarios:

Pablo dijo...

Está moi ben este resumo, moi ben explicado e ben ordeado. Sen duda, un moi bo traballo. Felicidades.

Mónica Caamaño dijo...

Moitas grazas, Pablo. A verdade e que me levou o seu tempiño pero mereceu a pena. Grazas.

Ana Martínez dijo...

Moi bo traballo. Gran resumo. Un saúdo.

Mónica Caamaño dijo...

Moitas grazas Ana. Un saúdo