miércoles, 7 de marzo de 2012

Mañan é o día da muller traballadora.

Mañá é o día da muller traballadora? NON, eu penso que non. En realidade existe ese día? NON, eu creo que non. Non existe ese tal día, xa que TODOS OS DÍAS SON ESE DÍA. As mulleres, pódese dicir que teñen triple función:
1ª.- Mirar polo da casa.
2ª.- Mirar polo do home.
3ª.- Mirar polos/as fillos/as.
Sabedes que falta aquí? Aquí falta o tempo para MIRAR POLO DELA!
As mulleres que lean isto dirán: "que razón ten esta rapaza", pero os homes orgullosos e egoístas, dirán que isto é unha parvada.
Isto vai polas mulleres!

Pero por que o 8 de marzo é o elixido?
Un dos acontecementos mundialmente coñecido e realmente lamentable foi o sucedido en Nova York, polo ano 1908, na fábrica Cotton Textile Factory de Washington cando un grupo de traballadoras declararon unha folga en protesta polas insoportables condicións de traballo ocupando a fábrica. Só pedían ter o mesmo salario que os homes, descanso dominical, redución ás 10 horas a xornada, dereito á lactación e redución da xornada laboral. O dono non aceptou a folga, pechou as portas da fábrica e prendeulle lume... Morreron 129 mulleres.

Alba Calo Blanco 1ºA
Comparten estos pensamentos:
Adriana Nieto Rama 2º, Laura Gosende Ribadulla 2º, Noelia Botana Rodríguez 1ºA.


7 comentarios:

Alba dijo...

Que nos perdonen nosos pais, pero é que temos razón.

Anónimo dijo...

Tedes razón en todos os días é o DIA da muller da muller traballadora, pero mañá é un día especial ¿sabedes porqué?. Mañá é o meu cumple (Marisol)

Alba dijo...

Jajajaja moi bo ok, teremolo en conta jaja. Felicidades!!

Ana dijo...

O noso maior logro como mulleres sería deixar de celebrar este día, porque iso significaría que no mundo non habería homes nin mulleres senón persoas. Persoas en igualdade de condicións, cos mesmos dereitos, as mesmas oportunidades ...

Alba dijo...

Tes razón, Ana.

Mar dijo...

QUE BOA REFLEXIÓN!!GÚSTAME TANTO A DE ALBA COMO A DE ANA. HAI QUE ACORDARSE DO QUE TIVERON QUE PASAR AS MULLERES, PARA QUE SEMPRE SE POIDA MELLORAR E NON VOLVER ATRÁS. AH! MOITAS FELICIDADES MARISOL...

melissa dijo...

Alba tes moita razón en todo