jueves, 29 de marzo de 2012

Sete razóns polas que naceu este blog

O outro día preguntáronme porque comezara con este blog; e como tiven que responder por escrito, aproveito para que vexades todos, cal foi a miña resposta. Estades dacordo?
Sete razóns polas que naceu este blog...
1. Para permitir que os nenos e nenas que acuden á aula de apoio e os talleres teñan acceso a recursos educativos que lles permitirán mellorar os procesos de aprendizaxe e perfeccionar a súa competencia dixital
2. Para tomar do mundo virtual todo o positivo que nos pode ofrecer, neste caso, permitir que calquera neno e nena teña acceso ao coñecemento, independientemente de onde estea e cal sexa o seu entorno social ou familiar.
3. Para crear unha comunidade educativa virtual no Concello de Outes entre alumnos, pais e educadores que favoreza a interación, sempre tendo como obxectivo último que gocemos vendo os nenos e as nenas aprender.
4. Para enseñar e aprender cos alumnos todas as potencialidades do mundo virtual, para que o uso que fan das novas tecnoloxías non se quede nun estéril abuso das redes sociais e se convirta nunha verdadeira ferramenta de acceso ao coñecemento, e ao desenvolvemento persoal e profesional
5. Para facer deste blog un espello público, onde eles sexan os primeiros en buscar a pulcritude e a mellora dos propios traballos o que favorecerá o desenvolvemento e fortalecemento da súa autoestima
6. Para recopilar os traballos realizados que de outra maneira se perderían e así que estes poidan servir a outros nenos de cursos posteriores no seu proceso de aprendizaxe
7. E, por último, este blog naceu para abrir as ventás das aulas, non só aos alumnos, senon tamén para compartir o seu traballo diario con calquera que queira visitarnos: pais, nais, compañeiros, amigos, profes...; sede todos benvidos a disfrutar e a aprender cos nosos rapaces porque eles son finalmente os nosos mestres

3 comentarios:

Ana dijo...

Carmela,déixachesme sin palabras (e iso é difícil je,je). Encántanme as túas argumentacións e estou plenamente de acordo con elas. Persoalmente estou encantada de que fixeras o blog xa que nos deu a oportunidade de coñecernos ainda que sexa virtualmente. Unha aperta.

Carmela dijo...

Gracias Ana pienso lo mismo de ti pienso quien hay detrás de esa chica rubia de melenas,como detrás de los otros compañeros de los blogs amigos, ese chico de 21 años Jesús yo que soy me madre me parece una pasada da gusto ver el futuro en nuestra profesión y ahora entre nosotros verdad que al estar en este mundo comprendemos un poco más lo que le atrae a nuestros niños la curiosidad de las redes sociales por eso debemos trabajar para que las usen bien Muchos besos

Manuel dijo...

Usar as ferramentas de internet para mellorar os nosos coñecementos e axudar aos demais cos nosos traballos é o mellor uso que se lle pode dar a este mundo virtual.