domingo, 17 de junio de 2012

RESUMO A PARTE SÓLIDA DA TERRA

Os minerais.
Son corpos sólidos inorgánicos (non proceden dos seres vivos), teñen unha orixe natural, unha composición química definida, e na súa maioría unha estructura cristalina.
Propiedades dos minerais.
Dureza: resistencia que opón a superficie dun mineral a ser raiada por outro. Tómase como referencia a escala de Mohs.
Brillo: aspecto que presenta a superficie dun mineral cando a luz reflicte nela. Pode ser metálico (recorda ao brillo dos metais), non metálico (compárase co brillo de obxectos coñecidos), vítreo (se o brillo se parece ao do vidrio), anacarado (aseméllase ao das perlas), graxo (lembra ao aceite) e mate cando non ten brillo.
Cor: algúns minerais poden ser identifiados pola cor pero algúns minerais presentan diversas cores.
Raia: cor do po do mineral cando este e raiado. É unha propiedade constante para cada mineral.
Diafanidade: algúns minerais deixan pasar a luz a través deles. Poden ser: tranparentes (se deixan pasar a luz e os obxectos se distinguen a través deles), tranlúcidos (só deixan pasar a luz pero os obxectos non se distnguen) e opacos (non permiten o paso da luz a través deles).
Exfoliaión: facilidade que teñen moitos minerais de se partir ao longo de certos planos, de xeito que se obteñen superficies regulares.
Magnetismo: propiedade que presentan algúns minerais de seren atraídos por un imán.
As rochas.
As rochas son agregados dun ou varios minerais.
Tipos de rochas segundo a súa orixe:
Rochas sedimentarias: fórmanse cando os sedimentos das cuncas sedimentarias (que son zonas máis baixas da superficie continental e oceánica formados por fragmentos erosionados pola auga e o vento) se unen entre si. Exemplos: pedra de gra, arxila, conglomerado, calcarias, sal de xema, xeso e carbóns.
Rochas magmáticas: fórmanse cando o magma (substancia quente que se forma cando as rochas do fondo da Terra se funden) arrefría e se solidifica. Se o magma se solidifica lentamente no interior da Terra da lugar a rochas magmáticas plutónicas. Se o magma sae ao exterior e arrefría lentamente formánse rochas magmáticas volcánicas. Exemplos: granito, pedra pómez e obsidiana.
Rochas metamórficas: son as rochas que se forman ao se transformar unhas rochas, debido as altas presións ou elvadas temperaturas, noutras distintas.Exemplos: lousas, mármore, gneis, micacita e esquito.

Estructura interna da Terra.
A Terra está formada por tres capas:
Cortiza: capa fina de rochas que recobre a superficie da Terra por encima do manto. Divídese en: cortiza continental (forma os cotinentes, as plataformas contientais e algunhas illas. O seu espesor varía entre os 10 km ata os 70 km. É moi antiga, sobrepasa os 1000 millóns de anos) e cortiza oceánica (enténdese baixo os océanos. É máis delgada que a continental, oscila entre os 5 km e os 8 km de espesor. É a máis recente, non supera os 200 millóns de anos). Entre a cortiza e o manto está a descontinuidade de Mohorovicic ou Moho.
Manto: divídese en: manto superior e manto inferior. Entre o manto e o núcleo atópase a decontinuidade de Gutenberg.
Núcleo: divídese en : manto externo (está fundido) e núcleo interno (en estado sólido)
Litosfera: capa sólida da Terra. Formada pola cortiza e a capa superior do manto. Está dividida en placas. Debaixo dela está atenosfera que está formada por rochas semi fundidas.
Resumo do tema das rochas que temos o exame o martes Antía Villar 1º ESO


1 comentario:

MAR dijo...

un grande traballo, que ben está!´é perfecto para poder estudiar o tema.Canto traballo, pero vale a pena. Impórtache que o colla para min?