martes, 24 de enero de 2012

Paraguas por la Paz: SOLO THINGS por PUIGMARTI EN DIAGONAL MAR - Octubr...







Paraguas por la Paz: SOLO THINGS por PUIGMARTI EN DIAGONAL MAR - Octubr...
:

Proposta do Colexio de Vite, de Santiago de Compostela, para o Día Escolar pola Paz.
Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)
Proxecto artístico internacional (Paz mundial). Mensaxe de paz a través da arte.
Pintarase un paraugas por aula e farase a exposición e o desfile polo colexio cos paraugas decorados o 30 xaneiro do 2012.

Este proxecto empezou no 2002 con 38 nenos orfos vítimas do 11 de setembro. Xa participaron desde ese momento ata agora 900.000 nenos e adultos de 27 países ( de Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, República Checa, Filipinas, Francia, Alemania, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón, Lituania, Luxemburgo, Panamá, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España, Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam). Hai máis de 500.000 paraugas pintados.

O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta) simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.

1 comentario:

Mar dijo...

A miña filla está no Cole de Vite e van facer a xornada de paraugas pola paz, é unha actividade moi bonita na Cidade da Cultura pola tarde, o luns 30, con música e festa. No seu cole van recibir a visita de Lola Mesado, que é a embaixadora en España de Paraugas pola paz, teñen unha exposición de paraugas que pintan os nenos e nenas e os profesores, son unha xhulada,..quedan de marabilla, con moitos colores (como o da foto do blog). Hai que dicirllo aos profes para que fagan cousas así de divertidas que se pasa superben.