martes, 17 de enero de 2012

Unha mensaxe nunha botella

Eu sempre pensei que as botellas con mensaxes aparecían nas pelis, pero non é así. A min pasoume de verdade. O domingo 8 de xaneiro fun pasear co meu pai e o meu can, Sar, pola praia e as pedras que hai xunto a miña casa, eu vivo en Esteiro. Meu pai colleu unha botella de ciclista que había tirada na area, púxose a mirala porque xa se dou conta que era de fóra, as medidas viñan en onzas, e de repente............vin dentro algo e era un papel que viña dentro dunha bolsiña e tamén traía un dólar. Eu alucinei, o que pasa é que o papel non se lía ben, víase que era inglés. Fun correndo desde a praia ata a miña casa correndo e gritando, porque nunca topara algo así de aventureiro. Fomos a casa de meu padriño a ver se nos traducía o que viña en inglés, foi capaz de ler dúas liñas que dicían que se topaba este papel me puxera en contacto con el. Que ben!!!!!! Pero había un gran problema, que o que menos se vía era a dirección xunto co nome... O luns pola mañá, xa en Santiago, meus pais levárono a Biblioteca que hai en Juan XXIII, a Anxel Casal, e unha chica (Rosa) leullo case todo, incluso o nome e dirección. Con estes datos, chamamos a miña prima Vero porque controla moitísimo de ordenadores, e xa buscou a dirección e todo o que puido en Internet (incluso temos o teléfono), logo dixémoslle a meu veciño, que viveu en Canadá toda a vida, se lle podía falar pero non lle contesta, sae o contestador. Miña nai tamén lle encargou a unha prima súa que ten en USA que nos axudara. De momento non tivemos máis aviso....a ver se non tardamos moito en contactar con él (sabe dios cando mandou a carta), se cadra el xa non se acorda. Xa vos irei informando....

María

3 comentarios:

Alba dijo...

Moi bo eu vou facer o mismo vou mandar unha, quen sabe ao mellor asta a colle Kristen Stewart ou Miley Cyrus ou Justin Bieber.....
Ou mesmo calquera da miña aldea pero vouno intentar do todos modos.

Anónimo dijo...

Xenial! Se consegues poñerte en contacto co autor da nota, que pensas que pasará?

Carmela dijo...

María estamos intrigados todos espero que consigas contactar con el
bicos