martes, 17 de enero de 2012

Resumo sociais

Mesopotamia

Con ela a humanidade entrou na historia.
Mesopotamia, terra entre dous ríos.
As primeiras civilizacións urbanas apareceron no IV milenio a.C, na baixa Mesopotamia. Alí xurdiron as primeiras cidades-estado. As cidades estaban rodeadas por murallas e ao seu redor estaban os campos de cultivo. A maioría dos seus habitantes eran agricultores e pastores. A prosperidade agrícola foi a principal causa pola que xurdiron os artesáns e comerciantes e por iso a moeda. Nas cidades había templos dedicados aos deuses onde vivían os sacerdotes. Os conflitos entre cidades veciñas deron lugar ós xefes militares que se converteron en monarcas.
Entre o III e o I milenio a.C Mesopotamia foi dominada por diversos pobos.
A escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas no ano 3500 a.C . Pola necesidade de contar as colleitas e os impostos . En Mesopotamia inventáronse dous tipos de escritura: os pictogramas e a escritura cuneiforme.
A arquitectura: os mesopotámicos inventaron a bóveda e o arco. O cigurat o palacio foron dúas grandes contribucións das cidades mesopotámicas.
A escultura: en escultura elabóranse unhas pequenas estatuas chamadas orantes.



Exipto
Exipto ten dúas vantaxes: o deserto illa aos seus inimigos e o Nilo ten un límite de crecidas que fai que a terra sea máis fértil. Exipto en principio estaba dividido en dúas partes: baixo Exipto e alto Exipto que se xuntaron. O Nilo ten enchentes que os exipcios tiveron que aprender a controlar. Para poder realizar esas labores, os exipcios inventaron o cálculo, a xeometría e estableceron un calendario.
O faraón tiña o poder absoluto pero para controlar todo o seu territorio dividiuno en provincias que estaban dirixidas por gobernadores que controlaban a innumerables funcionarios. Os privilexiados eran os altos funcionarios, os sacerdotes e os escribas. O pobo de Exipto estaba feito na súa maior parte por campesiños. Tamén tiñan comerciantes e artesáns.
A relixión exipcia .
Os exipcios eran politeístas .O deus máis importantes era Ra, Amón , Osiris, Isis, Orus e Anubis.Os deuses habitaban os templos, os sacerdotes rendíanlle culto e obsequiábanos con ofrendas. A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte. Os defuntos debían presentarse perante o tribunal de Osiris.
A arte exipcia tiña unhas regras fixas, a arquitectura era arquitrabada.
As tumbas exipcias foron sinxelas construcións rectangulares chamadas mastabas. Da superposición de mastabas naceron as pirámides. O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que os faraóns preferiron soterrarse en hipoxeos.

Por Antía Villar Nieto e Silvia Tuñas Añón
1º ESO

No hay comentarios: