lunes, 15 de abril de 2013

Opinamos sobre o decálogo de Emilio Calatayud


Iván  comenta:
Eu creo que os 10 puntos de Emilio Calatayud fáltanlle polo menos 2 puntos máis  que penso  que poden ocorrer que son:   
Cando chegue despois dunha  noite de marcha procurar que este todo en silencio para que poida descansar  o  rapaz
Cando chamen do centro dicindo que non foi as clases dicir que está enfermo aínda que estea  cos colegas por aí 


Alba de 2º da ESO... 
Este decálogo fíxome pensar moito, pois eu son unha, como moitas, que estou enfadada con meus pais porque din todo o contrario que Emilio Catayud (bueno coa ironía pois pensa o contrario entendámonos)  . Realmente isto xa o están facendo moitos pais hoxe en día, e doume conta por que os meus non son así, e cando ti es diferente, neste caso porque meus pais non son como os outros, dáste conta de que os demais non pensan como a ti che ensinaron a pensar. Seguramente os meus non son os únicos así pero fastidia, dende o punto de vista de un adolescente que ti sexas a única que non sae os sábados a única que non ten todo o que pide ou a única que non ten un móbil superchupiguai… Despois todo o mundo che di que hai tempo, que despois as de dar gracias porque teus pais fosen diferentes e non coma o resto, e eu digo que vale que DESPOIS… pero ahora?! Por si non o sabedes non mola ser a pringada do grupo que non pode facer nada por ter uns pais tan estrictos… Iso si, si te paras a pensar un pouco neso despois do berrinche, daste conta de que realmente teñen razón aínda que a ti non che guste, pero sigue fastidiando eh… Tamén te das conta de que non solo é difícil para ti, senón tamén para os teus pais, por ter que ir en contra do resto. Esta é a miña conclusión, quizais deamos gracias cando sexamos sete anos maiores por ter uns pais diferentes, pero por ahora, solo nos queda sufrir, fastidiarnos e tragar. Carmela estame dicindo que poña a miña idade… teño 13 anos, claro, pero permítome o luxo de criticar a meus pais con todo o anterior e estou pensando que si esto pasa agora… aos 18 como será… non lle queda nada… 

ELVIRA GARCÍA. OUTES OPINA
Como nai de dous fillos adolescentes diría:
Comecemos desde a infancia  e a casa NON dándolle  ao neno todo o que pida, insisto desde a infancia, esa me parece unha idea fundamental  pois A PRIMEIRA ESCOLA EMPEZA NO FOGAR E DESDE O NACEMENTO
É difícil manterse firme e educar os fillos na esixencia  pero, a ESIXENCIA combinada co RAZOAMENTO  son necesarias para educar ben.
Si os pais  non temos autoridade e impoñemos límites e normas, quen o vai a facer por nós?  NINGUEN.
Disciplina e autoridade están intimamente ligadas, OBEDIENCIA E RESPETO están relacionadas, para que a obediencia poida exercitarse, a autoridade debe exercerse.
Hoxe en día, basicamente pola incorporación da muller ao traballo e pola cantidade de familias desestruturadas que hai, é difícil levar á práctica moitas das premisas mencionadas pero teñamos en conta que os pais somos os que temos que estar ahí e non tirar a toalla deixando esa tarea á escola (que por suposto complementa), aos avós (que por suposto axudan),….Debemos mostrar bos hábitos para  que aprendan de seus pais os modelos a seguir .
Os rapaces revélanse ante as normas e límites, están no seu papel e é  lóxico, sería antinatural que aceptaran todo o que nos dicimos pero nós como responsables deles temos que estar aí e non despistarnos un ápice.
Aos nenos que leron o decálogo e se queixan da actitude dos pais porque son moi ríxidos direille:
TENDES MOITA SORTE DE TER PAIS QUE ESTÁN AHÍ E NON SE OLVIDAN DE QUE VÓS SODES OS FILLOS, algún día, igual cando vós sexades pais, vos daredes conta desto.


Leticia de 2º da E.S.O  opina
Bueno…eu como adolescente recoñezo que hai veces que os pais deberían prestarnos mais atención, pode que algúns deles xa o fagan, pero sempre se ye deben inculcar valores todos os días aos fillos, ten que ser unha tarefa diaria como as do instituto. Hai rapaces que acaban sendo delincuentes ou simplemente “mal educados”, hai veces que os pais de pequenos lle ensinaron, e ao ser maiores de idade foron eles os propios que se “descontrolaron”. De todas formas este relato fai que tanto como pais e fillos razoen, e vexan que os pais sempre queren o mellor para eles, e que si lle berran ou castigan por algo será para que ao dia de maña sexan homes/mulleres de ben. Fíxome pensar este decálogo!

Mariló opina..
Eu son nai e profesora, penso que lle estamos aprendendo os nosos rapaces que nada ten valor, non hai límites nin normas e con eso o que facemos e abandonalos, si, abandonalos!!!  deixámolos para que non molesten nin estorben e canto máis tranquilos estean, aínda facendo o que lle apetece, moito mellor.
Gústame moito este decálogo porque di as verdades como son, e o xuíz (o escritor) sábeo porque o ve todos os días, normalmente, detrás dun rapaz sen normas hai unha familia que non llas pon.

Marisol. Opinión dunha nai.
Fai un tempo, entrou un home na miña tenda, viña facer fotocopias para a súa filla, e comentou que polos fillos faise calquer cousa, eu respondinlle que cando tivera netos ainda se fan máis, se llo pedian faría o pino. Este señor respondeume algo que xamáis olvidarei: Unha persoa sabe ser fillo cando é pai, e aprende a ser pai cando é avó. Creo que ten toda a razón, e recordei cando na miña infancia e adolescencia pensaba que tiña máis razón ca meus pais e me enfadaba cando me castigaban; agora que son nai, recoñezo o traballo que fixeron os meus pais por min e vexome reflexada nas miñas fillas, que si lle poño límites é polo seu ben, para que respeten aos demáis e se fagan respetar, non por ter ou facer o que fan os demáis o pasamos mellor. Gran parte do erro de que se lle dea todo o piden, telefono móvil, play station, wii, roupa, etc., non só é dos nenos que queren o que os seus compañeiros queren, senon dos pais que lle dan ou lle deixan facer porque os demáis pais tamén lle deixan ao seu. Se como di Alba para ela é dificil non ter o supermóvil que teñen as súas amigas ou non a deixen sair ata a deshora; eu penso que para nós como pais tampouco é fácil educar aos nosos fillos baixo a nosa forma de ver a vida, sen deixarnos levar por "como os pais de fulanito lle deixan", e eu a o igual que Alba, pero como nai, síntome un pouco diferente, pero vexo que as miñas fillas son felices e prefiren xogar conmigo que coa Wii, (de momento, cando sexan un pouco máis maiores xa veremos o que pensan).

1 comentario:

Unknown dijo...

A verdade e que non me parara a pensar nos puntos a maiores de Iván, si señor! Jajaja...