sábado, 6 de abril de 2013

Vamos a opinar e reflexionar


O popular xuíz D. Emilio Calatayud, grazas á súa grande experiencia profesional con adolescentes conflitivos expuxo un decálogo no que describe de forma irónica,  a situación de moitas familias tras perder o control educativo dos seus fillos. Sen dúbida, trátase dun convite á reflexión para pais e educadores pero tamén vamos a reflexionar os que participamos nos talleres sobre este decálogo, e animamos aos pais e profes que queiran deixen a súa opinión para nos será moi valiosa Grazas.

Nos  Talleres os adolescentes van a dar a súa opinión. Penso que  vai ser  moi interesante saber que pensan 

Este decálogo está recollido no libro “Reflexións dun xuíz de menores"
Edicións Dauro

1: Comece dende a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro lle pertence.

2: Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.

3: Cando diga palabras groseiras, ríallas. Isto animarao a facer cousas máis graciosas.

4: Non o rife nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexos de culpabilidade.

5: Recolla  vostede o que  deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes. Así se adoitará cargar a responsabilidade sobre os demais.

6: Déixeo ler todo o que caia nas súas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero non de que a súa mente se encha de lixo.

7: Discuta a miúdo co seu cónxuxe en presenza do neno, así a el non lle doerá demasiado o día en que a familia, quizais pola súa propia conduta, quede destruída para sempre.

8: Dádelle todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia sospeitar que para dispoñer deste é necesario traballar.

9: Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade poderían producirlle frustracións.

10: Póñase da súa parte en calquera conflito que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuízos contra o seu fillo e que de verdade queren amolalo.


3 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Moi boa entrada para facernos reflexionar. Unha aperta.

Mariló dijo...

eu son nai e profesora, penso que lle estamos aprendendo os nosos rapaces que nada ten valor, non hai límites nin normas e con eso o que facemos e abandonalos, si, abandonalos!!! simplemente porque non os importan, deixámolos para que non molesten nin estorben e canto máis tranquilos estean, aínda facendo o que lle apetece, moito mellor.
Gústame moito este decálogo porque di as verdades como son, e o xuíz (o escritor) sábeo porque o ve todos os días, normalmente, detrás dun rapaz sen normas hai unha familia que non llas pon.

Leticia dijo...

Bueno…eu como adolescente recoñezo que hai veces que os pais deberían prestarnos mais atención, pode que algúns deles xa o fagan, pero sempre se ye deben inculcar valores todos os días aos fillos, ten que ser unha tarefa diaria como as do instituto. Hai rapaces que acaban sendo delincuentes ou simplemente “mal educados”, hai veces que os pais de pequenos lle ensinaron, e ao ser maiores de idade foron eles os propios que se “descontrolaron”. De todas formas este relato fai que tanto como pais e fillos razoen, e vexan que os pais sempre queren o mellor para eles, e que si lle berran ou castigan por algo será para que ao dia de maña sexan homes/mulleres de ben. Fíxome pensar este decálogo!
Leti 20 E.S.O