martes, 2 de abril de 2013

Reflexión

Reflexións sobre a entrada como facemos sentir as persoas que nos rodean 

Dani Caamaño de 1º da E.S.O. dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Esta historia paréceme moi boa para que as persoas aprendan a comportarse como tales persoas. Non me parece xusto a discriminación por ser unha raza diferente ou relixión ou por non vestir coma nos. Gústame moito a reacción do capitán e a azafata. Espero que con ese exemplo podamos aprender a non desprezar por ser diferentes .


Leticia 2º da E.S.O. dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Esta historia ensina que non se debe discriminar a xente pola súa cor, a súa relixión, a súa procedencia, etc. Todos somos seres humanos e aínda que non teñamos os mesmos gustos ou non sexamos da mesma relixión debemos respetarnos. Exemplo da vida cotiá:

Situación de colexio, traballo, amigos, etc.: “Xosé” vive nunha casa humilde, ten escasa roupa, non ten teléfono móbil, e seus pais teñen pouco diñeiro. Xosé está na aula de “Víctor” o cal vive nunha casa grande, usa roupa de marca, ten dous teléfonos móbiles, e seus pais teñen moito diñeiro. Víctor e Xosé son grandes amigos a pesar das cousas que os diferencian, iso a eles non lles importa porque o que valoran e a súa forma de ser. Víctor e Xosé vense todos os días, os outros compañeiros búrlanse, pero eles non lles fan caso, porque a súa amizade vale mais que esas pequenas diferenzas.


Adrián Nieto de 1º da E.S.O. dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Paréceme que o capitán e a azafata fixeron o xusto. Deixar a persoa que pensaba que o seu compañeiro de voo era desagradabel, e lecar a este a primeira clase. A muller fixo unha cousa que non está moi ben; tratar mal a unha persoa que non lle fixera nada só porque era doutra raza. É unha historia que che ensina a tratar ben a persoas con outras creenzas ou sen importar da súa raza.


Anxo N.F. 2º da E.S.O. dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Este relato volvenos a levar ao típico e cansino caso do, por desgraza racismo. A miña idea sobre este suceso e que todos temos a nosa maneira de pensar e polo tanto dependendo da nosa educación pensaremos dunha maneira diferente. O racismo basease no mero feito do medo, no mero feito do descoñecido, do que non viviches. Eses feitos levan a certas persoas ao chamado "racismo" , ainda que realmente o racismo non existe, o que existe e unha forma de pensar que evoca as persoas a rechazar a según elas a "perfección". Polo tanto, mentres siga habendo "racismo" haberá dor, marxinación, vidas descarriladas hacia un camiño como as drogas para afogar a dor. Por iso a marxinación e despectivismo pode resultar para certas persoas a arma máis potente.


Clara Caamaño Posse de 1º da E.S.O dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Mentres que lía a primeira parte da historia, estábame decepcionando, porque a muller é moi racista e non me gustan as persoas así. Pero a segunda parte encantoume, porque lle deron o seu merecido e a persoa de raza negra quedou encantada e satisfeita.
Esta historia é un dos moitos exemplos de racismo que se dan día a día, ¡isto non pode ser!. Hai que mellorar esta sociedade e concienciarse de que somos moi racistas e non se pode discriminar á xente por moi diferente que sexa de ti. Nós podemos!


Gabriel Cambeiro 2º E.S.O dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Pareceume moi mal a reacción da señora cando veu ao home  que ia sentado  o seu lado. Pois da igual ser de diferente raza, coro u relixión todos somos seres humanos.  O bo é que ademais de persoas desagradables como a señora grazas a Deus hai  persoas xenerosas como a azafata e o capitán


Sonia Rodríguez 1º da ESO dixo sobre a entrada (Para ler e reflexionar)

Paréceme unha historia que ten unha moi boa ensinanza: non discriminar a ninguén pola sua raza, a súa relixión, a súa maneira de vestir, se é pobre...
E tamén me gustou moito a forma en que a azafata e o capitán actuaron, deixando de lado a muller e axudando o home que non fixera nada a saír de esa situación.
Cousas que pasan na nosa vida a diario:
Por exemplo: Na miña clase hai un rapaz que non se relaciona con ninguén. Non participa en ningún xogo e non fala con ninguén. Moitos compañeiros métense con el por iso.Este pequeno relato fíxome pensar que nós deberíamos de falar con el algunhas veces ou intentar relacionarnos. Porque se iso me pasase a min gustaríame que alguén se acercase e que me falara e intentara que fose a xogar


 Antia Villar e Iria Ferreiro de 2º da ESO opinan
Esta historia ensinanos cousas que pasan a diario pero que a veces tan sequera nos damos conta. A azafata e o capitán tiveron unha boa estratexia e solución ao conflito,xa que decidiron poñer ao paxaseiro na primeira clase e non a muller que o xulgou antes de coñecelo. Así como nese voo había inxustiza vamos levar este caso a unha escola ou instituto onde sen ser de outra raza se discrimina a unha persoa, xa sexa pola súa forma de ser, pola pobreza, por ter un estilo diferente … As veces a xente discrimina a unha persoa por motivos moi pequenos que non valen a pena. Incluso se pode perder a unha amiga dentro dun grupo cando a “cabecilla” do grupo se enfada con unha persoa do grupo e as demais seguen a “cabecilla”  para ser máis importantes e sen darse conta de que están perdendo a alguén.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Moi boas reflexións, si señor. Un bico.