jueves, 18 de abril de 2013

Por fin


Despois de infinito tempo intentando convencer a Carmela de que me deixara poñer no blog unha sección de música (para que tampouco sexa todo estudar) Carmela cedeu. Puxen unha pequena condición a maiores e é que tíñamos que empezar a sección cunha canción do meu ídolo: Melendi. Espero que vos gusten as cancións que vaiamos escollendo (non van ser todas de Melendi, tranquilos), que vos animedes a darnos suxerencias e que vos pareza ben a iniciativa da sección de música.
Pareceume que tíñamos que empezar con algo suave así que aquí vos deixo "Por Amarte Tanto" ,unha canción do 2007, deixamos as fortes para máis adiante, non vaia ser que co traballo que me custou convencer a Carmela xa non me deixe nin empezar por culpa de Melendi... A Disfrutala


Ilustración de Fernando Vicente
Alba, ti pos a música e nós a ilustración "a lo Melindi", para que vexas que tamén somos modernas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Bien! Eso é iniciativa!