jueves, 11 de abril de 2013

Triloxía "Divergente" por Verónica Roth

Vou a recomendarvos unha triloxía que descubrín fai pouco e me namorou.
"Divergente"
Está claro que me encantou, dende a primeira páxina, é un libro moi fácil de ler. Paseime toda a noite en vela lendo, xa que, é un libro que engancha; parecido a "Los Juegos del Hambre" pero con outras bases, na miña opinión é mellor este. É un libro cheo de acción pero ante todo unha historia de amor preciosa. Recomendollo a todo o mundo ao que lle guste ler, asegúrovos que vos vai a encantar.

"Insurgente"
Debo dicir que me gustou máis a primeira parte, non porque esta teña ningunha carencia, todo o contrario, senón porque os protagonistas, a parexa sentimental, sempre se están pelexando, eso si, dicir que acaban reconciliandose. Con máis acción e intriga que a primeira entrega desta fabulosa triloxía non me disgustou para nada.

O meu personaxe favorito é Tobias, o mozo da protagonista, tamén coñecido como Cuatro, pero non vos desvelarei o segredo que garda este nome, descubrídeo vos mesmos lendo o libro. Tamén me gustou moito a nivel persoal o personaxe de Tris, a protagonista, porque a medida que vas lendo, podes observar que crece moito como persona, tanto a nivel emocional como a nivel intelectual.

A terceira entrega salirá a finais deste ano, mentres que a adaptación á gran pantalla púxose en marcha este mesmo mes, polo que espero con impaciencia o 22 de outubro deste ano para o último libro da triloxía e o 21 de abril do ano que ven para poder ver a película.


Alba Calo Blanco 2ºA ESO

1 comentario:

Alba Calo Blanco dijo...

Realmente encantaronme... Espero con impaciencia o terceiro libro e as películas...